DEVOLUCIÓNS
Como debo facer para devolver un artigo?
Para proceder á devolución dun artigo co que non estás satisfeito, ofrecémosche dúas opcións: a través da nosa empresa de transportes SEUR, S.A., ou ben a través dunha oficina de Correos ou calquera outro transportista ( ej: Seur, Nacex, etc.) se é máis cómodo para ti.
En calquera caso terás que asumir os custos da devolución.
Opción 1 → A través da nosa empresa de transportes SEUR, S.A.
Os pasos que debes seguir son os seguintes:
Completa TODOS OS DATOS do Formulario de Devolución que atoparás dentro da caixa que che enviamos, coa información dos artigos que queiras devolver así como os datos necesarios para a recollida do paquete.
Envíao ao correo info@cafescafes.com indicando no asunto “devolución pedido nº XX”. É moi importante que inclúas tanto no asunto do correo como no Formulario de Devolución o número do teu pedido, xa que en caso contrario non poderemos procesar a túa devolución.
Prepara o teu paquete para a devolución utilizando a embalaxe orixinal que che enviamos, co artigo nas mesmas condicións nas que se enviou, coas súas etiquetas orixinais e sen que fose usado. Non esquezas incluír o Formulario de Devolución completo.
Tan pronto como o recibamos, solicitaremos a recollida do paquete á nosa empresa de transportes SEUR, S.A..
Posteriormente confirmarémosche a data e lugar da recollida, e enviarémosche un albarán de envío que debes pegar na caixa.
Debes facilitar a recollida nun prazo máximo de 3 días laborables desde a data en que recibamos o Formulario de Devolución.
Unha vez recibido nos nosos almacéns, comprobaremos que o artigo se atopa nas mesmas condicións nas que se enviou, que non foi usado, que conserva as súas etiquetas orixinais e a súa embalaxe orixinal completa, e procederemos á devolución do diñeiro na mesma forma na que realizaches o pago.
Opción 2 → A través dunha oficina de Correos ou calquera outro transportista.
Os pasos que debes seguir son os seguintes:
Completa TODOS Os DATOS do Formulario de Devolución que atoparás dentro da caixa que che enviamos, coa información dos artigos que queiras devolver así como os datos necesarios para a recollida do paquete.
Envíao ao correo info@cafescafes.com indicando no asunto “devolución pedido nº XX”. É moi importante que inclúas tanto no asunto do correo como no Formulario de Devolución o número do teu pedido, xa que en caso contrario non poderemos procesar a túa devolución.
Prepara o teu paquete para a devolución utilizando a embalaxe orixinal que che enviamos, co artigo nas mesmas condicións nas que se enviou, coas súas etiquetas orixinais e sen que fose usado. Non esquezas incluír o Formulario de Devolución completo.
A dirección de entrega que tes que indicar no paquete é: CAFÉS As ANTILLAS-CAMPOS OURENSE, Estrada de Vigo, 78 – Outariz – Ourense, 32001.
Lévao a unha oficina de Correos ou á oficina do transportista elixido e envíao a portes pagos.
Unha vez recibido nos nosos almacéns, comprobaremos que o artigo se atopa nas mesmas condicións nas que se enviou, que non foi usado, que conserva as súas etiquetas orixinais e a súa embalaxe orixinal completa, e procederemos á devolución do diñeiro na mesma forma na que realizaches o pago.
Terás que asumir o custo da devolución.
No caso de que Cafés as Antillas-Campos sexa o causante dunha devolución (envío do produto equivocado, produto en mal estado, etc.) a devolución débese realizar obrigatoriamente a través de SEUR, S.A. e neste caso os gastos de devolución serán gratuítos.
Cafés as Antillas-Campos resérvase o dereito de rexeitar devolucións que non cumpran os requisitos anteriormente descritos.
Podo facer unha devolución en tenda?
Polo momento non é posible. Pedímosche que escollas calquera das dúas opcións que che ofrecemos: a través da nosa empresa de transportes SEUR, S.A. ou ben a través de Correos ou calquera outro transportista, se é máis cómodo para ti.
Cal é o prazo para poder realizar unha devolución?
O prazo máximo do que dispós para enviarnos o formulario de devolución é de 7 días laborables desde a data de recepción do pedido. Transcorrido este prazo non poderemos aceptar a devolución do teu pedido.
Teño que pagar algo pola miña devolución?
Terás que asumir os custos da devolución. Non se aceptarán devolucións a portes debidos.
O envío estará baixo a túa responsabilidade ata que chegue aos nosos almacéns.
Como e cando recibirei o importe da miña devolución?
Unha vez aprobada a devolución (cando comprobemos que os artigos devoltos están en perfecto estado e nas mesmas condicións nas que se enviaron, que non foron usados, que conservan as súas etiquetas orixinais e a súa embalaxe orixinal completa) recibirás o importe da mesma forma na que realizaches o pago. Enviarémosche un correo de confirmación indicándoche o importe que se che abonará na túa conta nuns días. Lembra que o abono na túa tarxeta de crédito ou na túa conta PayPal depende sempre da túa entidade bancaria.
O importe abonado corresponderá ao PVP que pagaches polos artigos devoltos.
Os gastos de transporte (tanto envío como devolución) serán devoltos unicamente cando CAFÉS As ANTILLAS-CAMPOS sexa responsable da causa da devolución do produto (envío do produto equivocado, produto en mal estado, etc.).
Perdín o meu formulario de devolucións
Non te preocupes, podes imprimir outro facendo clic aquí. Rechea todos os campos; tes as instrucións na parte inferior da folla. E non esquezas incluílo no paquete cando fagas a devolución do teu pedido.
Dereito de desistencia
Segundo as Normativas Reguladoras de Vendas a Distancia, os clientes da Unión Europea dispoñen de 7 días laborables, a contar desde a data de recepción do pedido, para exercer o dereito de desistencia sobre o seu pedido.
En tal caso, procederase á devolución do diñeiro e recollida do pedido seguindo o procedemento arriba indicado.