HISTORIA

Un café con historia e saber facer.

No ano 1947 nace en Ourense a empresa de torrefacción Cafés As Antillas. O noso saber neste sector vénnos herdado de pais a fillos desde fai catro xeracións. Co paso dos anos conseguimos un exquisito tratamento do toste dos grans, latente no noso café cun sabor insuperable.

En 1972, adquirimos a prestixiosa marca Cafés Campos, fundada en 1920. Os seus cafés eran de gran calidade do mesmo xeito que os das Antillas e xurdiu entón unha respectuosa fusión das dúas marcas, Cafés as Antillas-Campos, tal e como se coñece hoxe en día.

Ao longo da nosa traxectoria fomos abrindo mercado polo exterior de Galicia. Primeiro foi en León, para chegar máis tarde a Madrid, Barcelona, Valencia, Zaragoza, Valladolid, Navarra, Lleida, Jerez de la Frontera... onde poderá atopar os nosos produtos.

Despois de máis de 70 anos mantemos o mesmo espírito co que nacemos, ser un café que se coida o seu proceso de elaboración para ofrecer sabor e calidade.